Os obxectivos fundamentais da asociación son o achegamento á música e baile tradicional dun xeito lúdico, e a experimentación cos diferentes instrumentos tradicionais propios da nosa cultura (gaita, bombo, pandeireta, tambor, frauta, tarrañolas,...).
Impartimos as clases en dúas aulas do local social "Saladina Fernández" da Asociación de Veciños “Armental” de Carnoedo e no pavillón do E.E.I. de Carnoedo.
Aínda que a maioría dos/as alumnos/as pertencen a Sada, o ámbito territorial é a provincia da Coruña.
Impartiranse dende outubro de 2023 a xuño de 2024 sete actividades: pandeireta e canto, baile tradicional, gaita, percusión, acordeón, violín e solfexo aplicado a gaita, abertas a tódalas
idades e niveis de coñecemento
Información do curso 2023/2024.
Prezos:
Alumnos/as ata dezaoito anos, cota mes 12,50 €
Alumnos/as maiores de idade, cota mes 20,00 €
Os alumnos/as que cumpran dezaoito anos no ano que comeza o curso, principiarán pagando a cota de adulto.
Condicións:
Por este prezo mensual, pódese asistir a tódalas actividades.
Pódese empezar nas actividades en calquera momento, sendo o mes de outubro de balde para novos/as alumnos/as. Ademais, os que comecen no 2023, non aboarán a cota de socio do que queda do ano.
As nosas clases son exclusivamente para asociados/as. A cota de asociado pagarase en xaneiro ou no mes que se produza a alta durante os seis primeiros meses do ano.
Se non es socio, podes asociarte en calquera momento. Infórmate AQUI.
Memoria de Actividades:
|