LOTARÍA DE NADAL

Xa temos o Nadal a piques de chegar e coma de costume a lotaría da nosa asociación non pode faltar. Mirade que número tan xeitoso, non quedes sen el, podes comunicarte con nós no apartado "contacta" desta web.

Este ano podemos ter aquí o premio gordo, vas deixalo ir?

FESTA FIN DE ANO 2021


O sábado 18 de decembro celebramos en familia estas festas do Nadal cuns pinchos na asociación veciñal "Armental" de Carnoedo, alí ademais de organizar unha foliada, puidemos ver en primicia a nosa panxoliña de Nadal.
Brindamos todos xuntos por un ano 2022 cheo de saúde e música tradicional!

O GRUPO DE ACORDEÓN NA RESIDENCIA “LA MILAGROSA”


O venres 18 de decembro, o grupo de acordeón aceptou encantado a invitación da residencia "La Milagrosa" na Coruña para tocar unhas pezas aos residentes do centro.

Unha tarde moi emocionante achegando música en directo aos nosos maiores.Volveremos sen dúbida!

FOLIADA EN BOIMORTO


Este sábado 20 de novembro celebrouse unha gran foliada na Telleira de Boimil, no concello de Boimorto.

Non faltaron as castañas asadas, chocolatada e o canto tradicional do noso grupo de pandeireta "Arnela".


Volveremos!

SAMAÍN NO CEIP PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA

O 28 e 29 de outubro estivemos cos alumnos e alumnas do CEIP Pedro Barrié de la Maza de Mondego (Sada) celebrando o Samaín mentres lles amosabamos algo da nosa música tradicional de Galicia.
Feliz Samaín a todos!

MAGOSTO EN CARNOEDO

O sábado 23 de outubro, na celebración do Samaín da A.V. Armental de Carnoedo (Sada), estivemos alí colaborando cunha foliada para poñer a música a esta fermosa festa tradicional.

Feliz Samaín a todos!


ACTUACIÓN NO CENTRO DE DÍA DE MONDEGO

O martes 17 de agosto o noso grupo de acordeón fixo unha visita aos residentes do Centro de día de Mondego (Sada).
Cada pouco tempo acudimos a botar unas pezas xa que son moi afeccionados a nosa música. Volveremos!

FESTAS DE SAN ROQUE DE SADA

Nas festas patronais do noso pobo, o domingo 15 de agosto, participamos na tradicional alborada percorrendo as rúas de Sada a mediodía.


Formidable o noso cuarteto tradicional!

FESTA DO CARME EN SADA


Este sábado dezasete de xullo convidounos o Concello de Sada a pasar a tarde tocando polo Mercado Mariñeiro que se instalou no noso pobo pola Festa do Carme.


Que non pare a música tradicional nas nosas festas!

QUEIROA NA RÚA 2021

O primeiro fin de semana de xullo tivemos a sorte de tocar e bailar para os nosos veciños e veciñas por mor do noso Queiroa na Rúa.

Queremos agradecer a compaña do noso grupo convidado, a Asociación lucense A Volta do Agro. A Tres Pesos polo seu marabilloso concerto e en especial ao noso público que nos apoiades en cada actuación ou espectáculo no que participamos.
Vémonos na seguinte festa!

VI FESTIVAL DA ESCOLIÑA


Este domingo día 6 de Xuño, dende o peirao situado no auditorio Pintor Lloréns de Sada, saíu toda a nosa tripulación da Escoliña para celebrar o noso tradicional festivaliño.

Un gran espectáculo infantil de música e baile tradicional.

CONCURSO DE CANTO E PERCUSIÓN TRADICIONAL ULTREIA


O domingo 30 de maio participamos no I Concurso De Canto e Percusión Tradicional Ultreia.


Os grupos de rapazas de Alborelle e Morazón gravaron as súas actuacións e todos puidemos ver o concurso dende a páxina do Facebook do OCT Ultreia.
Parabéns rapazas, fermosas actuacións.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Música tradicional polas rúas do concello de Sada este luns 17 de maio para celebrar o día das nosas letras galegas.
Seguiremos cantando, tocando e bailando para que non falte a festa tradicional.

DÍA DA DANZA EN SADA


Este sábado 1 de maio, por mor da celebración onte do día da danza, a nosa asociación estivo por diferentes rúas de Sada amosando a nosa música e os nosos bailes tradicionais como son a Jota e a Muiñeira.
Sempre é unha ledicia actuar no noso pobo.