top of page

Actividades 2025

A nosa asociación caracterízase tanto polas saídas que teñen os diferentes grupos como polas actividades de carácter asociativo ou cultural que organiza. Na seguinte páxina atoparás todas as actividades pasadas que fomos realizando ao longo do ano 2025.

Queiroa_Filiada_2025.jpg

08.11.2025

XVI Foliada de Queiroa

Por aquí vos deixamos un pequeno recordo do que foi a XVI foliada de Queiroa e mailo concurso de baile tradicional. Poidemos gozar do concerto do Grupo Ailá, e grazas tamén a tódolos grupos que nos acompañaron nesta xornada que foron mais de 150 músicos e músicas!

  • Instagram
  • Facebook

25.10.2025

XVIII Ruada de Teixeiro

O noso grupo de gaita e percusión estivo na XVIII Ruada de Teixeiro organizada pola @asociacionfaragulla
Grazas por contar con nós un ano máis!

  • Instagram
  • Facebook
XVIII Ruada de Teixeiro_edited.png
Foliada de Queirís 2025_edited.png

20.09.2025

Foliada de Queirís

O noso grupo de gaita e percusión estivo pola foliada de Queirís, grazas por contar con nós!

  • Instagram
  • Facebook

20.09.2025

LVII Concurso de gaitas do Pais

O sábado 20 de setembro os nosos compañeiros gañaron o primeiro premio no LVII Concurso de gaitas do Pais de Ponteareas, noraboa rapaces!!

Concusro_Gaita_2025_Ponteareas.jpg
  • Instagram
  • Facebook
Cantos do Demo 2025.jpg

06.09.2025

Cantos do Demo

Estivemos polo Temple nos Cantos do Demo, que ben o pasamos!
Grazas a @ostabernos e @asociacionurbilar por organizar e contar con nós, esperamos repetir o ano que vén!

  • Instagram
  • Facebook

18.08.2025

Festas de Sada

O pasado 18.08.2025 á mañá o grupo de gaitas e percusión amenizou as rúas de Sada e pola tarde estivo pola sardiñada.
Grazas por contar connosco. @concellosada

Festas_Sada_2025_edited.jpg
  • Instagram
  • Facebook
Festas_Carnoedo_2025.jpg

17.08.2025

Festas de Carnoedo

O noso grupo de gaita e percusión estivo pola mañá amenizando as festas de Carnoedo.

  • Instagram
  • Facebook

19.07.2025

Queiroa na Rúa

Foi unha xornada chea de maxia que comezou co son do pasarrúas espallándose polas rúas de Sada. A nosa Escoliña e as pandeireteiras puxeron ritmo e cor en cada recuncho, sementando alegría coa súa arte.
Xa pola tarde, puxémonos en camiño cara o porto, onde o noso Queiroa na Rúa prendeu a chispa das Festas do Carme. Un escenario compartido coa marabillosa @asociacionfaragulla , que trouxo a súa enerxía dende Teixeiro para facernos vibrar co seu baile e a súa música.
E por se fose pouco, pechamos o día ao son de @aila.gz, cun pequeno gran concerto que nos deixou o corazón latexando a ritmo de festa.
Quédanos, sobre todo, dar as GRAZAS.
Grazas a @asociacionfaragulla por ser compaña de luxo nesta aventura.
Grazas a cada persoa que se achegou, que bailou, que aplaudiu, que fixo que este día brillase máis forte.
E, como non, grazas infinitas á nosa familia Queiroa, alma e motor de todo isto. Sen vós, nada sería igual.
Por moitos anos máis de música, de baile… e de corazóns en festa!
Actividade subvencionada pola Cultura da Deputación da Coruña e Concello de Sada

Queiroa na Rúa 2025.jpg
  • Instagram
  • Facebook
Presentación revista 2025.png

18.07.2025

Presentación de revista

Estivemos na presentación da revista número 30 da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo.

  • Instagram

12.07.2025

O Son do Castro en Borneiro

O noso grupo de gaita e percusión tocou unhas peciñas na foliada de O Son do Castro en Borneiro.
Grazas por contar con nós un ano máis!

  • Instagram
  • Facebook
O son do Castro 2025.jpg
Foliada ELA 2025_edited.jpg

05.07.2025

Foliada solidaria pola ELA

O noso grupo de pandeireta estivo na foliada solidaria pola ELA organizada pola Asociación @agaelagalicia en Cambre.
Grazas por contar con nós

  • Instagram
  • Facebook

29.06.2025

Clausura das actividades de maiores

O grupo de acordeóns de Queiroa participa no acto de clausura das actividades de maiores do Concello de Sada que se celebrou no auditorio Pintor Llorens.

  • Instagram
  • Facebook
Acordeón_2025.jpg
Foliada_Ameda_2025_edited.png

28.06.2025

Foliada de Ameda

O noso grupo de gaita e percusión estivo na II Foliada organizada por @ac_ameda .
Grazas por convidarnos un ano máis

  • Instagram
  • Facebook

13.06.2025

Concerto didáctico en Rianxo

O venres pola mañá fomos ata o @ceip.anamaria en Rianxo a dar un concerto didáctico.

  • Instagram
  • Facebook
Concerto didactico Rianxo.jpg
Algueirada Miuda.jpg

13.06.2025

Algueirada Miuda

As nenas de Trasín foron á Algueirada Miuda organizada por @acm_airinosdoeume e… que ben o pasaron!

  • Instagram
  • Facebook

13.06.2025

Foliada Xacarandaina

O sábado á noite o noso grupo de gaita e percusión foi tocar á foliada de @xacarandaina_oficial . Grazas por convidarnos, vémonos na próxima!

  • Instagram
  • Facebook
Foliada Xacarandaina.jpg
Xabafest_2025.jpg

31.05.2025

Xabafest

O sábado á tarde as nosas nenas e nenos participaron na Xabafest en Sada.

  • Instagram
  • Facebook

31.05.2025

Festa Amanexa

A noite o noso grupo de gaita e percusión tocou na XI Festa Amanexa organizada polas amigas de @acoamanexo .

  • Instagram
  • Facebook
Festa Amanexa 2025.jpg

24.05.2025

Festival da Escoliña de Queiroa

Festivaliño_2025.jpg

Aquí vos deixamos algúns recordos do Festivaliño celebrado o pasado sábado, onde os nosos nenos e nenas compartiron escenario coas pequenas da @afoarcodavella de San Miguel de Reinante.
Queremos aproveitar para dar as grazas a todo o alumnado da escoliña polo seu esforzo e dedicación ao longo do curso, que fan posible momentos tan especiais como este. Grazas tamén ás súas familias, que sempre están presentes para apoiar, axudar e animar.
Un agradecemento moi especial á @afoarcodavella pola súa compañía neste día e por compartir con nós o seu traballo e a súa música.
E, por suposto, grazas á nosa xente, que nunca falla e colabora en cada evento con entusiasmo e sen dubidalo, facendo que todo sexa moito máis doado.
Xa estamos contando os días para o Festivaliño do ano que vén!

  • Instagram
  • Facebook

24.05.2025

Cantos de Taberna Pontedeume

Estivemos polos Cantos de Taberna de Pontedeume, que ben o pasamos!
Vémonos na próxima Airiños Do Eume

  • Facebook
Cantos_Pontedeume_2025.jpg
Teixeiro_2025.jpg

18.05.2025

II Festival de Música e Danza Faragullas

Participamos no II Festival de Música e Danza Tradicional da Faragullas Asociación grazas por convidarnos e vémonos na próxima.

  • Instagram
  • Facebook

17.05.2025

Día das Letras Galegas en Sada

O domingo celebramos o día das Letras Galegas en Sada xunto coas asociacións @ac_ameda e @nova_troula . Tamén estivo a incrible Teresa dos Cucos e o dúo Casás & Barcia.
Foi un día cheo de emocións e música en honor ás cantareiras ás que se lles dedicou este día.

LEtras Galegas Sada_2025.jpg
  • Instagram
  • Facebook
Foliada_Donaire_2025_edited.jpg

10.05.2025

Foliada Donaire, A Coruña

Desfrutamos da foliada de @ac__donaire na cúpula de Eirís, que ben o pasamos, vémonos na próxima.

  • Instagram
  • Facebook

25.04.2025

Concerto Acordeon

Os Amigos do Acordeón convidáronnos a tocar con eles, que ben o pasamos!!

  • Instagram
  • Facebook
Acordeon_2025.jpg
Festival acordeon 2025.jpg

30.03.2025

II Festival de Acordeón

Celebramos o noso II Festival de Acordeón. Grazas ao grupo Acordes e @ac.queiroga por acompañarnos este ano, foi unha tarde inolvidable.
Vémonos para a seguinte!!!

  • Instagram
  • Facebook

15.02.2025

Cantos de Taberna, Centro Social da Sagrada Familia.

Pasamos unha gran tarde!!
Queiroa debutou nos Cantos de Taberna celebrados no Centro Social da Sagrada Familia.
Unha inmellorable xornada da man da organizadora Grupo de Música Tradicional A Rexouba  e cos/as compañeiros/as de @acsondaqui
Grazas por convidarnos, xa estamos desexando volver!

Cantos de Taberna 2025_edited.jpg
  • Instagram
  • Facebook
Bildschirmfoto 2025-11-27 um 14.40.08.png

08.02.2025

Presentación libro "Co violín o carrelo"

O noso grupo de violíns participou na presentación do libro "Co violín o carrelo" de Alexandre Cadarso Suárez no Pazo da Peregrina (Bertamiráns)

  • Instagram
  • Facebook

07.02.2025

Foliada Follinas, Oleiros

Que ben o pasamos na foliada de @follinas.oleiros !!!
As nosas pandeireteiras de Alborelle e o grupo de gaitas e percusión foron tocar unhas peciñas.
Por aquí vos deixamos un pequeno recordo.

  • Instagram
  • Facebook
Foliada Folliñas_edited.png
Festival Acodeón Xebre 2025_edited.jpg

01.02.2025

Festival Acodeóns Xebre

O noso grupo de acordeóns participou no festival de acordeóns Xebre, xunto co grupo EOAS de zamfonas.
Deixámosvos por aquí un pequeno recordo

  • Instagram
  • Facebook

17.01.2025

Residencia DomusVi, Montrove

Estivemos na residencia DomusVi, en Montrove, botando unhas peciñas… e visitando ao noso Manolo, que grande tarde! Voltaremos!
Deixámosvos unhas fotiños da xornada!

  • Instagram
  • Facebook
Residencia DomusVi_edited.jpg

Rúa da Praia nº5 , baixo

15160 Sada (A Coruña)

CIF: G15862956​

​Whatsapp: +34 623248275
Email: grupoqueiroa@gmail.com

  • Instagram
  • Facebook
  • YouTube

Asociación subvencionada por:

© Copyright 2024 Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa - Todos los derechos reservados.
Prohibida la reproducción de cualquier parte de esta web sin autorización expresa de su propietario.

bottom of page