top of page

Cursos 2023 / 2024

Os obxectivos fundamentais da asociación son o achegamento á música e baile tradicional dun xeito lúdico, e a experimentación cos diferentes instrumentos tradicionais propios da nosa cultura (gaita, bombo, pandeireta, tambor, frauta, tarrañolas,...).

Impartimos as clases en  dúas aulas cedidas polo C.E.I.P. Pedro Barrié de la Maza. Tamén a Asociación de Veciños “Armental” de Carnoedo  déixanos ensaiar en dúas aulas do Local Social “Saladina Fernández” e no pavillón do E.E.I. de Carnoedo.

Aínda que a maioría dos/as alumnos/as pertencen a Sada, o ámbito territorial é a provincia da Coruña.

Impartiranse dende outubro de 2024 a xuño de 2025 sete actividades: pandeireta e canto, baile tradicional, gaita, percusión, acordeón, violín e solfexo aplicado a gaita, abertas a tódalas idades e niveis de coñecemento.

Queiroa_Cursos_23_24.jpg

Prezos:

Alumnos/as ata dezaoito anos, cota mes 12,50 €

Alumnos/as maiores de idade, cota mes 20,00 €

Os alumnos/as que cumpran dezaoito anos no ano que comeza o curso, principiarán pagando a cota de adulto.

Condicións:

Por este prezo mensual, pódese asistir a tódalas actividades.

Pódese empezar nas actividades en calquera momento, sendo o mes de outubro de balde para novos/as alumnos/as. Ademais, os que comecen no 2024, non aboarán a cota de socio do que queda do ano.

As nosas clases son exclusivamente para asociados/as. A cota de asociado pagarase en xaneiro ou no mes que se produza a alta durante os seis primeiros meses do ano.

Se non es socio, podes asociarte en calquera momento.

Rúa da Praia nº5 , baixo

15160 Sada (A Coruña)

CIF: G15862956​

​Whatsapp: +34 623248275
Email: grupoqueiroa@gmail.com

  • Instagram
  • Facebook
  • YouTube

Asociación subvencionada por:

© Copyright 2024 Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa - Todos los derechos reservados.
Prohibida la reproducción de cualquier parte de esta web sin autorización expresa de su propietario.

bottom of page