top of page

Cursos 2026 / 2027

Os obxectivos fundamentais da asociación son o achegamento á música e baile tradicional dun xeito lúdico, e a experimentación cos diferentes instrumentos tradicionais propios da nosa cultura (gaita, bombo, pandeireta, tambor, frauta, tarrañolas,...).

Impartimos as clases en  dúas aulas cedidas polo C.E.I.P. Pedro Barrié de la Maza. Tamén a Asociación de Veciños “Armental” de Carnoedo  déixanos ensaiar en dúas aulas do Local Social “Saladina Fernández” e no pavillón do E.E.I. de Carnoedo.

Aínda que a maioría dos/as alumnos/as pertencen a Sada, o ámbito territorial é a provincia da Coruña.

Impartiranse dende outubro de 2026 a xuño de 2027 oito actividades: pandeireta e canto, cantos de taberna, baile tradicional, gaita, percusión, acordeón, violín e solfexo aplicado a gaita, abertas a tódalas idades e niveis de coñecemento.
Apúntate aos cursos 2026 - 2027 a través do noso formulario online!

Cursos_Queiroa_2026_Galego.jpg

Prezos:

  • A cota de asociada/o a Queiroa é de 25€ ao ano.  

  • A cota de aulas para alumnado adulto (+18 anos) é de 25€ cada mes

  • A cota de aulas para alumnado menor de idade é de 15€ cada mes

Condicións:

  • A cota de asociada/o é anual. Págase no mes de xaneiro, ou no mes que se produza a alta. Para poder asistir ás aulas é requisito indispensable ser socia/o

  • A cota de aulas é mensual. Pagarase na primeira semana de cada mes, de outubro a xuño. A cota de aulas é única, independentemente do número de aulas ás que asistas. 

  • Podes empezar nas actividades en calquera momento, sendo o primeiro mes de balde. Ao rematar o tempo de proba, realizarase o abono da cota de aulas do mes seguinte ao do comezo e a cota de asociada/o do ano en vigor. 

Rúa da Praia nº5 , baixo

15160 Sada (A Coruña)

CIF: G15862956

  • Instagram
  • Facebook
  • YouTube

Asociación subvencionada por:

© Copyright 2024 Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa - Todos los derechos reservados.
Prohibida la reproducción de cualquier parte de esta web sin autorización expresa de su propietario.

bottom of page