Apúntate ao curso 2026 - 2027 a través do noso formulario online!
Asociación de Música e Danza Tradicional
A nosa historia
â
A Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa de Sada foi fundada formalmente o 4 de novembro de 2002 como unha organización sen ánimo de lucro co obxectivo fundamental de investigar, ensinar e difundir o baile e a música tradicional galega.
â
A iniciativa xurdiu por parte dun pequeno grupo de nais e pais do CEIP Pedro Barrié de la Maza de Sada. Que buscaron dar continuidade ás actividades de baile e música tradicional que xa se impartían no colexio, sumado á gran demanda veciñal por contar con clases de gaita e percusión.
â
Deste xeito Queiroa naceu para dar resposta á gran afección histórica que o concello de Sada tivo sempre polo folclore galego.
â
Ao longo da súa traxectoria conseguiu consolidar unha estrutura de asociados e asociadas de todas as idades nas súas escolas. Actualmente conta con máis de 200 persoas no seu seo, sendo a asociación máis grande do Concello de Sada.
â
Grazas ao seu compromiso pola presenza dixital, podedes seguir as nosas actividades e actuacións a través da páxina oficial (queiroa.gal) ou a través das nosas redes sociais en Instagram e Facebook.
Apúntate ao curso 2026-2027 a través do noso formulario online!