Apúntate aos cursos 2025 - 2026 a través do noso formulario online!

Cursos 2024 / 2025
Os obxectivos fundamentais da asociación son o achegamento á música e baile tradicional dun xeito lúdico, e a experimentación cos diferentes instrumentos tradicionais propios da nosa cultura (gaita, bombo, pandeireta, tambor, frauta, tarrañolas,...).
Impartimos as clases en dúas aulas cedidas polo C.E.I.P. Pedro Barrié de la Maza. Tamén a Asociación de Veciños “Armental” de Carnoedo déixanos ensaiar en dúas aulas do Local Social “Saladina Fernández” e no pavillón do E.E.I. de Carnoedo.
Aínda que a maioría dos/as alumnos/as pertencen a Sada, o ámbito territorial é a provincia da Coruña.
Impartiranse dende outubro de 2024 a xuño de 2025 oito actividades: pandeireta e canto, cantos de taberna, baile tradicional, gaita, percusión, acordeón, violín e solfexo aplicado a gaita, abertas a tódalas idades e niveis de coñecemento.
Apúntate aos cursos 2024 - 2025 a través do noso formulario online!

Prezos:
Alumnos/as ata dezaoito anos, cota mes 12,50 €
Alumnos/as maiores de idade, cota mes 20,00 €
Os alumnos/as que cumpran dezaoito anos no ano que comeza o curso, principiarán pagando a cota de adulto.
Condicións:
Por este prezo mensual, pódese asistir a tódalas actividades.
Pódese empezar nas actividades en calquera momento, sendo o mes de outubro de balde para novos/as alumnos/as. Ademais, os que comecen no 2024, non aboarán a cota de socio do que queda do ano.
As nosas clases son exclusivamente para asociados/as. A cota de asociado pagarase en xaneiro ou no mes que se produza a alta durante os seis primeiros meses do ano.
Se non es socio, podes asociarte en calquera momento.