Apúntate ao curso 2026 - 2027 a través do noso formulario online!
Apúntate
Podes inscribirte no curso 2026-2027 mediante o formulario dispoñible a continuación. Unha vez enviado o formulario e para finalizar o proceso de inscrición, farémosche chegar toda a información necesaria para realizar o pago. Ademais, engadiremos o teu número de móbil á nosa comunidade de WhatsApp onde poderás unirte ás nosas aulas.
Se tes calquera pregunta, non dubides en poñerte en contacto connosco.
Enderezo electrónico: grupoqueiroa@gmail.com
Whatsapp: +34 623248275
Contestaremos nos seguintes horarios: 17:00 h - 20:00 h

Prezos:
-
A cota de asociada/o a Queiroa é de 25€ ao ano.
-
A cota de aulas para alumnado adulto (+18 anos) é de 25€ cada mes.
-
A cota de aulas para alumnado menor de idade é de 15€ cada mes.
Condicións:
-
A cota de asociada/o é anual. Págase no mes de xaneiro, ou no mes que se produza a alta. Para poder asistir ás aulas é requisito indispensable ser socia/o.
-
A cota de aulas é mensual. Pagarase na primeira semana de cada mes, de outubro a xuño. A cota de aulas é única, independentemente do número de aulas ás que asistas.
-
Podes empezar nas actividades en calquera momento, sendo o primeiro mes de balde. Ao rematar o tempo de proba, realizarase o abono da cota de aulas do mes seguinte ao do comezo e a cota de asociada/o do ano en vigor.