Apúntate ao curso 2026 - 2027 a través do noso formulario online!

Actividades 2026
A nosa asociación caracterízase tanto polas saídas que teñen os diferentes grupos como polas actividades de carácter asociativo ou cultural que organiza. Na seguinte páxina atoparás todas as actividades pasadas que fomos realizando ao longo do ano 2026.
19.09.2026
Concurso Gaitas Ponteareas
Os nosos gaiteiros Isma, Manu e Rober viñeron de gañar o 2° premio no concurso de gaitas de Ponteareas, e é que en Queiroa temos a sorte de estar cheos/as de talento!!! Moitos parabéns para os artistas e a seguir levando a nosa tradición, cultura e música polo mundo enteiro!


02.08.2026
Feira Mariñeira Corme
Aínda que estamos en verán...non paramos!! O noso Grupo de Gaitas estivo onte, Domingo 2 de Agosto, amenizando as rúas de Corme na Feira Mariñeira Artesán. Moitas grazas a Deputación da Coruña por contar con nós para esta data, e á xentiña de Corme por acompañarnos coa nosa música e tradición. Foi un pracer!!!
19.07.2026
Festa do Carme 2026
Estivemos amenizando as Festas do Carme do noso concello de Sada. Grazas especiais a @os_patexeiros por invitarnos e contar con nós para formar parte da tradicional procesión marítima tan representativa desta data e, xa de paso, pola súa aportación coa decoración do noso Festivaliño deste ano.
Que bonito é facer equipo entre asociacións do noso pobo. Pasámolo xenial!!


04.07.2026
V Festival de Baile "Darredor"
Deixamos por aquí un breve resumo da participación do noso grupo de baile e gaita, no V Festival de Baile Tradicional "Darredor" celebrado en Malpica este pasado Sábado 4 de Xullo, organizado polos/as compañeiros/as de @carcaxia . Queremos darlles as grazas por contar con nós neste fermoso día no que estivemos gozando xuntos/as da nosa música e baile tradicional, coa compañía tamén de @a.c.nemeth . Viva a nosa terra e a nosa tradición!!!
07.06.2026
Festivaliño Queiroa 2026
Todas/os os/as alumnos/as das nosas Escoliñas fixeron unhas actuacións coas que nos mostraron todo o aprendido e traballado durante este curso e nos emocionaron a todos/as. Moitas grazas a eles/as e as súas familias por axudar a manter viva a nosa tradición. Hai canteira!
Grazas tamén ó noso grupo invitado @asociacionculturaladro de Baio por acompañarnos e mostrarnos o ben que o fan! e grazas a tódolos profes e membros da nosa asociación Queiroa, por todo o seu traballo e esforzo, sen os cales non tería sido posible este día de festa e unión tan bonito.
Para o ano máis e mellor!


02.06.2026
Raiola Meiráfest
O noso grupo de pandeireta de adultos/as estivo amenizando o RAIOLA MEIRÁSFEST, o concerto solidario a favor de @miprincesarett, organizado pola residencia @raiolameiras, xunto con moitos outros grupos que fixeron da xornada un día moi emotivo e cheo de música coa que disfrutar, compartir e bailar.
Moitas grazas por contar con nós para esta data.
Foi un pracer!
30.05.2026
Cantos de Taberna Pontedeume
Volvemos percorrer as rúas de Pontedeume para participar, un ano máis, nos Cantos de Taberna organizados por @acm_airinosdoeume
Foi unha xornada chea de música, amizade e bo ambiente. Pasámolo de marabilla e agradecemos a todos os que compartiron con nós este fermoso día.


10.03.2026
XXXV Concurso de Música Tradicional de
A. C. Xacarandaina
Hoxe é o Día Internacional da Gaita, e que mellor maneira de celebralo que felicitando ao noso compañeiro Gaiteiro Manu Rico , que acadou o 2º premio no XXXV Concurso de Música Tradicional de A. C. Xacarandaina na modalidade de gaita solista, e ao noso mestre Ismael Garcia , que tamén conseguiu o 2º premio na categoría de solistas profesionais.
Parabéns aos dous e feliz Día Internacional da Gaita!

















